
Xornada de loita do persoal galego dos grandes almacéns coincidindo coa negociación do convenio estatal en Madrid
A patronal do sector continúa a ofrecer unha suba salarial insuficiente e mantén a súa negativa a eliminar o traballo en domingos e festivos

O persoal do almacén de Lidl, en folga dende o 14 de febreiro, concéntrase diante da Xunta en demanda da súa mediación
Denuncian a vulneración do dereito fundamental á folga por parte da empresa

A CIG mobilizarase na Coruña, Vilagarcía e Lugo para reclamar un convenio digno nos grandes almacéns
Vai iniciar unha campaña de protestas en distintos establecementos por todo o país para rexeitar os intentos da patronal de precarizar aínda máis o sector

Persoal da CRTVG, en folga de 24 horas, denuncia a represión, os abusos e a manipulación informativa
Denuncian os servizos mínimos abusivos decretados para impedir que se visibilice a protesta

O comité de Albada denuncia que a día de hoxe continúan sen pregos nin convenio colectivo

O persoal de Valoriza no Salnés, cos soldos conxelados dende 2016, mobilízase por un convenio digno
Concentrouse diante do Concello de Meis, e farao as vindeiras semanas no de Cambados e no de Vilanova

Traballadoras/es da limpeza do Abente y Lago reclaman ante a Xerencia a readmisión do persoal despedido

A CIG protesta ante a Confederación de Empresarios de Lugo polo bloqueo da negociación colectiva na provincia

A CIG denuncia servizos mínimos abusivos e mal organizados na xornada de folga das traballadoras do SAF de Santiago
Coincidindo co paro concentráronse diante do concello e das dependencias de SERVISAR

A TVG prescinde da súa unidade de directos e mantén o servizo subcontratado con Overon por máis de 1 millón €
A CIG reclama a xestión directa do servizo, que permitiría aforrar ás arcas públicas uns 860.000€

A CIG-Ourense reclámalle á Fiscalía que retome a investigación da concesionaria da limpeza tras as detencións no STL da Coruña
A central presentara unha denuncia en 2020 polo “reparto mafioso” dos contratos e polo cobro de distintas cantidades por acceder a un posto de traballo no servizo

O persoal do almacén de Lidl continúa adiante coa folga indefinida malia os intentos de esquirolaxe da empresa
Sectores produtivos relacionados coa federación
Comercio de froitas, comercio do téxtil, do metal, da pel, do vidro plano, de materiais de construción, de mobles e de alimentación, grandes almacéns, drogarías, farmacias, bazares, florarías, librarías, hostelaría, axencias de viaxe, medios de comunicación públicos ou privados, estudos fotográficos, cinema, teatros, músicos, espectáculos, dobraxe e son, deportes, bibliotecas, museos, salas de xogos, casinos, administracións de lotarías, perrucarías, tinturarías, lavandarías, limpeza, predios urbanos, pompas fúnebres, xardinaría, clubes e sociedades recreativas, seguridade privada e empregadas do fogar.
Os sectores de actividade non citados nesta disposición adscribiranse segundo criterios de analoxía.