
Paro total na primeira xornada de folga no local de Pizzerías Cambalache no Marineda
A folga repetirase todos os sábados de decembro se non hai avances por parte da empresa

A CIG irrompe con forza no comité de Mercadona na provincia de Pontevedra con 8 representantes
A central gaña as eleccións sindicais na cadea de supermercados ao sumar 240 votos, por 210 da UGT e 123 de CCOO

O segundo día de folga en Sodexo deixa de novo sen actividade os comedores de Inditex en Narón

Traballadores/as do Diario de Pontevedra mobilízanse para reclamar un convenio digno con salarios xustos
Desenvolveron unha concentración previa á manifestación do 14 de decembro e da folga indefinida que iniciarán o 22

O persoal de Pizzerías Cambalache do CC Marineda irá á folga en resposta á precariedade laboral que padece
Suspendida a folga dos SAF ante o anuncio de CCOO e UGT de que non asinarán o convenio
As traballadoras celebran ter freado o retroceso de condicións salariais e laborais que implicaba

Folga indefinida no Diario de Pontevedra por unha suba salarial digna tras sete anos cos soldos conxelados
Antes do inicio do paro, previsto para o 22 de decembro, haberá unha concentración este mércores 30 e unha manifestación o 14 de decembro

O persoal do Almirante levará as súas protestas contra o ERTE ao hotel que a cadea Carrís ten na Coruña

FCC-Aqualia renuncia a modificar as condicións de traballo do persoal do Centro Deportivo Moaña
Traballadores/as e usuarios/as mobilizáronse contra a redución salarial do 20% e do horario de apertura das instalacións
Sectores produtivos relacionados coa federación
Comercio de froitas, comercio do téxtil, do metal, da pel, do vidro plano, de materiais de construción, de mobles e de alimentación, grandes almacéns, drogarías, farmacias, bazares, florarías, librarías, hostelaría, axencias de viaxe, medios de comunicación públicos ou privados, estudos fotográficos, cinema, teatros, músicos, espectáculos, dobraxe e son, deportes, bibliotecas, museos, salas de xogos, casinos, administracións de lotarías, perrucarías, tinturarías, lavandarías, limpeza, predios urbanos, pompas fúnebres, xardinaría, clubes e sociedades recreativas, seguridade privada e empregadas do fogar.
Os sectores de actividade non citados nesta disposición adscribiranse segundo criterios de analoxía.