Traballadoras do SAF quentan motores de cara á folga indefinida por un convenio digno

Nacional -

Traballadoras dos servizos de axuda no fogar concentráronse este mércores diante das oficinas dalgunhas das principais empresas do sector para amosar o rotundo rexeitamento ao preacordo de convenio colectivo asinado por CCOO e UGT coa patronal e demandar condicións laborais e salariais dignas.

O 100% do persoal de limpeza da Cidade da Cultura secunda a folga

Compostela -
Concentráronse diante de edificio, coas súas fregona amarelas, por unhas condicións dignas

Todo o persoal de Blavice Services de Narón e Vigo vai á folga polo mantemento dos seus empregos

Narón/Vigo -
Traballadores/as de ambos centros manifestáronse polas rúas de Ferrol

O persoal de limpeza da Cidade da Cultura volve á carga coas fregonas amarelas

Compostela -
Irá á folga mañá xoves e o venres para demandar a dignificación das súas condicións laborais

Convocada folga indefinida nos Servizos de Axuda no Fogar a partir do 2 de novembro

Nacional -
Están convocadas concentracións diante das empresas este xoves día 27 de outubro

O comercio do metal pontevedrés baralla convocar folga tras a ruptura da negociación do convenio

Vigo/Pontevedra -
Traballadores/as do sector desenvolveron hoxe unha mobilización polas rúas de Vigo para denunciar a actitude da patronal ATRA

Traballadoras da residencia Concepción Arenal denuncian a atención precaria que se presta ás usuarias

A Coruña -
A nova empresa, Samaín Servizos, recortou aínda máis o xa escaso cadro de persoal

O persoal de seguridade de Reganosa e Forestal del Atlántico mobilizarase en defensa dos seus dereitos e o cobro dos salarios

Ferrol -
Prosetecnisa non abonou as cantidades pendentes mentres GFS está a cometer unha chea de irregularidades

Desconvocada a folga na recollida do lixo de Ponteareas tras acadar melloras salariais e laborais

Ponteareas -
O novo convenio contempla unha suba de soldos do 12% en catro anos, un complemento de antigüidade e unha cuarta paga extraordinaria

A CIG rexeita o convenio de seguridade privada pactado por CCOO, UGT e USO, que consolida a precariedade

Nacional -
Denuncia que se topou a cláusula de garantía salarial do IPC nun máximo do 2%, non se reduciu a xornada e non se crearon pluses

Sectores produtivos relacionados coa federación

Comercio de froitas, comercio do téxtil, do metal, da pel, do vidro plano, de materiais de construción, de mobles e de alimentación, grandes almacéns, drogarías, farmacias, bazares, florarías, librarías, hostelaría, axencias de viaxe, medios de comunicación públicos ou privados, estudos fotográficos, cinema, teatros, músicos, espectáculos, dobraxe e son, deportes, bibliotecas, museos, salas de xogos, casinos, administracións de lotarías, perrucarías, tinturarías, lavandarías, limpeza, predios urbanos, pompas fúnebres, xardinaría, clubes e sociedades recreativas, seguridade privada e empregadas do fogar.

Os sectores de actividade non citados nesta disposición adscribiranse segundo criterios de analoxía.