A CIG mobilizarase contra o despido dunha das súas delegadas na residencia da 3ª idade Soremay de Pontevedra

Pontevedra -
A central denuncia que se trata dun claro caso de represión sindical e anuncia que presentará recurso contra a rescisión de contrato

A CIG-Servizos de Ourense gaña as eleccións en Tendeus, Gesmedical-Dis e Ecourense UTE

Ourense -
A central sindical sumou un total de 11 representantes nos tres procesos celebrados recentemente

UGT e CCOO exclúen do comité provincial de Pontevedra ao 42% do persoal de Mercadona

Pontevedra -
Asinaron un pacto polo que se reparten todos os cargos a elixir deixando fóra a CIG

URBASER non respecta o convenio colectivo ao persoal contratado para o servizo de SERLUSA

Compostela -
O comité denuncia que pretende que traballen as noites do 24 e 31 de decembro e non descarta mobilizacións

Persoal da limpeza hospitalaria de Pontevedra maniféstase pola readmisión dunha compañeira

Pontevedra -
Acciona, a empresa concesionaria do servizo, despediu a traballadora tras unha baixa médica de longa duración

Seguimento maioritario da folga indefinida no Diario de Pontevedra por un convenio digno

Pontevedra -
O cadro de persoal concentrouse diante das instalacións do xornal tras celebrar unha asemblea a primeira hora da mañá

O persoal do Diario de Pontevedra, abocado á folga indefinida tras a última proposta “irrisoria” da empresa

Pontevedra -
Hoxe desenvolveron a última mobilización prevista antes do inicio do paro, fixado para este xoves 22

Sectores produtivos relacionados coa federación

Comercio de froitas, comercio do téxtil, do metal, da pel, do vidro plano, de materiais de construción, de mobles e de alimentación, grandes almacéns, drogarías, farmacias, bazares, florarías, librarías, hostelaría, axencias de viaxe, medios de comunicación públicos ou privados, estudos fotográficos, cinema, teatros, músicos, espectáculos, dobraxe e son, deportes, bibliotecas, museos, salas de xogos, casinos, administracións de lotarías, perrucarías, tinturarías, lavandarías, limpeza, predios urbanos, pompas fúnebres, xardinaría, clubes e sociedades recreativas, seguridade privada e empregadas do fogar.

Os sectores de actividade non citados nesta disposición adscribiranse segundo criterios de analoxía.