O persoal de limpeza dos hospitais Clínico-Gil Casares e Provincial denuncian os incumprimentos da concesionaria

Compostela -
Concentráronse esta mañá diante do Hospital Provincial para exixir que se resolva a situación

A CIG alerta da implantación dun servizo médico privado nas residencias de DomusVi para controlar as baixas

Nacional -
Denuncia que a medida represiva non vai acabar co verdadeiro problema do sector dos centros de maiores, que é a elevada carga de traballo do persoal

O persoal de limpeza de Correos bótase de novo á rúa para reclamar o pago dos salarios e a rescisión coa concesionaria

Pontevedra -
Hoxe desenvolveron unha manifestación en Pontevedra, mentres que o vindeiro mércores 4 de outubro trasladarán as protestas a Ourense

O comité da planta de reciclaxe de Lousame insta á Mancomunidade a que se tome en serio a súa xestión

Compostela -
O contrato que vincula á actual concesionaria, FCC, coa planta remata en catro días

Sectores produtivos relacionados coa federación

Comercio de froitas, comercio do téxtil, do metal, da pel, do vidro plano, de materiais de construción, de mobles e de alimentación, grandes almacéns, drogarías, farmacias, bazares, florarías, librarías, hostelaría, axencias de viaxe, medios de comunicación públicos ou privados, estudos fotográficos, cinema, teatros, músicos, espectáculos, dobraxe e son, deportes, bibliotecas, museos, salas de xogos, casinos, administracións de lotarías, perrucarías, tinturarías, lavandarías, limpeza, predios urbanos, pompas fúnebres, xardinaría, clubes e sociedades recreativas, seguridade privada e empregadas do fogar.

Os sectores de actividade non citados nesta disposición adscribiranse segundo criterios de analoxía.