A CIG convoca folga no comercio de alimentación de Pontevedra ante a parálise do convenio

Pontevedra -

A CIG convoca folga o venres día 23 de xuño ante a parálise da negociación do convenio provincial de comercio alimentación como consecuencia das propostas insuficientes achegadas pola patronal. A decisión foi anunciada este venres pola noite nas asembleas celebradas en Vigo e Pontevedra, ás que asistiron numerosas persoas traballadoras do sector afectadas por este convenio.

A CIG-Servizos de Vigo, contra os abusos laborais e os despidos inxustificados en Mercadona

Vigo -
Desenvolveu unha protesta diante dun establecemento da rúa Aragón para rexeitar a persecución a unha traballadora por parte da empresa

A CIG-Servizos revalida a maioría absoluta en Froiz na provincia de Pontevedra a pesar das manobras da empresa

Pontevedra -
A central logrou tamén situarse por primeira vez como a forza máis votada entre o persoal de tenda de Gadis a nivel provincial

A Xunta inclúe nos pregos todo o persoal de seguridade da Cidade da Xustiza de Vigo pero non amplía as xornadas

Vigo -
Dende a CIG-Servizos pregúntanse que traballadores/as van ser subrogados/as tras o concurso e quen o vai decidir

O Consello de Contas ve indicios de incumprimento do contrato adxudicado pola CRTVG a Overon

Nacional -
Considera necesario realizar unha fiscalización específica da execución do contrato

Sectores produtivos relacionados coa federación

Comercio de froitas, comercio do téxtil, do metal, da pel, do vidro plano, de materiais de construción, de mobles e de alimentación, grandes almacéns, drogarías, farmacias, bazares, florarías, librarías, hostelaría, axencias de viaxe, medios de comunicación públicos ou privados, estudos fotográficos, cinema, teatros, músicos, espectáculos, dobraxe e son, deportes, bibliotecas, museos, salas de xogos, casinos, administracións de lotarías, perrucarías, tinturarías, lavandarías, limpeza, predios urbanos, pompas fúnebres, xardinaría, clubes e sociedades recreativas, seguridade privada e empregadas do fogar.

Os sectores de actividade non citados nesta disposición adscribiranse segundo criterios de analoxía.