Dez puntos sobre a caída da Siria de Bashar al-Assad

Vijay Prashad -

O domingo 8 de decembro, despois de máis dunha semana de combates entre o goberno sirio e o grupo terrorista Hai’at Tahrir al-Sham (HTS) e as súas faccións aliadas, que obtiveron o control de cidades chave do país, o presidente sirio Bashar al-Assad fuxiu de Siria.

A nova foi anunciada polo Ministerio de Asuntos Exteriores ruso, que informou que coa súa dimisión, al-Assad ordenou ao seu primeiro ministro permanecer a cargo do Estado para supervisar unha transición pacífica do poder ás forzas de oposición.

 O acontecemento prodúcese 14 meses despois do xenocidio de Israel en Gaza e semanas despois de asinar un acordo de cesamento do fogo con Hezbollah. A continuación as reflexións de Vijay Prashad sobre os elementos chave para entender a situación.

  1. O Estado sirio quedara devastado pola guerra que comezou en 2011 e logo polas sancións impostas ao país polos Estados Unidos e os seus aliados. O exército árabe sirio (o exército oficial do estado) nunca se recuperou completamente despois dos grandes combates e foi incapaz de recuperar as principais cidades de Hama, Homs e Alepo.
  2. O bombardeo israelí de instalacións militares sirias debilitara a capacidade loxística e de ordenanzas das forzas armadas sirias. Estes ataques foran sostidos e dolorosos para as forzas armadas sirias.
  3. A invasión israelí do Líbano e o asasinato do líder de Hezbollah, Sayyed Hassan Nasrallah, debilitaran a capacidade de Hezbollah para operar incluso dentro do sur do Líbano, o que obrigou ao recente acordo de «cesamento do fogo» con Israel. Isto demostrou que Hezbollah non estaba en posición de apoiar novamente no goberno de Siria para defender a este país contra calquera incursión armada na estrada de Hama a Damasco (autoestrada M5).
  4. Os ataques aos depósitos de subministracións e instalacións militares iranianas en Siria, así como os ataques de Israel a Irán, impediran a acumulación de forzas iranianas para defender o goberno sirio. O enfraquecemento de Hezbollah tamén debilitou o papel de Irán na rexión.
  5. Os case tres anos de conflito en Ucraína certamente lle negaron a Siria a capacidade de solicitar máis axuda rusa para a protección de Damasco ou para a base naval rusa en Latakia.
  6. Polo tanto, o goberno de Siria xa non contaba cos seus aliados militares iranianos e rusos para axudalo contra os rebeldes reforzados.
  7. Hayat Tahrir al-Sham, formado en 2017 a partir de formacións de Al Qaeda, reuniu a varias forzas militares desde Turquía até os uigures –cun gran número doutros combatentes influenciados por Al Qaeda– e acumulou as súas forzas en Idlib durante a última década. HTS recibiu axuda e apoio de Turquía, pero tamén de forma encuberta de Israel (esta información chegoume dun alto funcionario de intelixencia en Turquía).
  8. Que fará o novo goberno liderado por HTS con respecto ás numerosas minorías sociais en Siria? Que fará o novo goberno liderado por HTS con respecto aos Altos do Golán e Israel? Como considerará o novo goberno de HTS a incursión militar israelí en Quneitra?
  9. Esta historia aínda non terminou. Haberá moitos máis disturbios no país liderado polo ISIS así como polos grupos kurdos no norte; grupos apoiados por Turquía xa están en combate contra as forzas kurdas YPG (Unidades de Defensa do Pobo) e PKK (Partido dos Traballadores do Kurdistán) en Manbij; As forzas estadounidenses xa están no leste de Siria, onde din que permanecerán como amortecedor contra o ISIS (e por tanto reterán o control do petróleo); Israel tamén anunciou que se fixo cargo da zona de amortecemento do Golán. Haberá tensión entre os gobernos de Turquía e Estados Unidos respecto de que debe e non debe facer o novo o novo goberno liderado por HTS.
  10. Teño algunha esperanza nas declaracións de Abu Mohammed al-Jolani e que a vinganza e a represión non se impoñan. O verdadeiro temor ten que ver co trato ás poboacións minoritarias. Aínda non se sabe se os grupos de milicias en Iraq entrarán en Siria. Moito disto depende do que suceda en lugares como o santuario Sayyida Zaynab en Damasco.

 

[Artigo tirado do sitio web Observatorio de la crisis, do 8 de decembro de 2024]

 

Volver