A CIG-Ensino demanda a convocatoria urxente do Consello escolar municipal de Culleredo pola grave falta de limpeza nos centros

A Coruña -

A empresa que estaba encargada do servizo de limpeza nos centros de ensino do Concello de Culleredo, Limpezas Xalo, está en ERTE desde o pasado 27 de maio, o que provocou que o Alcalde declarase o estado de emerxencia sanitaria para poder acometer o mantemento básico nos edificios afectados.

Ante esta situación, que non semella ter unha solución nun curto prazo, a CIG-Ensino solicitou a convocatoria urxente do Consello escolar municipal. "Hai que sinalar que, a pesar de que sería o primeiro deste curso, algo que xa é totalmente irregular, ante a gravidade da situación a CIG-Ensino considera que só habería que tratar un punto na orde do día: o dos problemas de limpeza nos centros de ensino do Concello de Culleredo", apuntan.

Volver