A CIG en ESC de Vigo, do grupo Prosegur, denuncia unha baixada salarial a 3800 traballadores/as no Estado co apoio de UGT e CCOO
Absórbense conceptos alleos ao SMI, contradicindo o que estes sindicatos manteñen en público
O persoal do servizo de socorrismo do Concello de Vigo, en loita por unhas condicións laborais dignas
Mobilizáronse este sábado en Samil para denunciar os incumprimentos da empresa concesionaria
Os socorristas de Vigo mobilizaranse polos incumprimentos da concesionaria
Denuncian que a empresa Move Servicios de Ocio non respecta o convenio nin o prego de condicións
Mercadona ameaza con sancións o persoal que ten tatuaxes en zonas visíbeis se non as oculta
A sección sindical da CIG denuncia que esta persecución atenta contra os dereitos das/os traballadoras/es
Traballadores/as de Cespa Impacta concéntranse en SOGAMA para esixir o cumprimento do convenio
A empresa non está cubrindo as vacantes de persoal
O comité de URBASER denuncia o descoñecemento de Bugallo do funcionamento do servizo
É a concesionaria do servizo de recollida de lixo e limpeza viaria de Santiago de Compostela
A CIG revalida a maioría absoluta na concesionaria do mantemento das zonas verdes do Concello de Vigo
A federación de Servizos conseguiu 7 de 9 representantes no comité de empresa de Althenia
O comité intercentros do aeroporto de Santiago exixe o cese do Director por negarse a recibilos
Valorarán a convocatoria de folga en xullo e agosto se persiste na súa actitude
A empresa Ombuds Seguridade adebeda a nómina de xuño aos seus traballadores/as
A CIG-Servizos insta os clientes da compañía a que condicionen o pago das facturas ao abono dos salarios do persoal
A CIG reclama melloras para os servizos de Socorrismo de Galiza e rematar coa precariedade
Pide que dotar de medios as/os profesionais e a implicación das Administracións
Concentración nos Xulgados de Ferrol para esixir a Pregecsa a readmisión do persoal dos servizos auxiliares da UdC
A protesta coincidiu coa celebración do xuízo por despedimento
Proseguen as protestas contra a política de represión sindical e despedimentos en Abeiro Gold
Coincidindo co xuízo polo despedimento do traballador que foi na candidatura da CIG
A CIG-Servizos duplica a súa representación nos supermercados Gadis da provincia de Pontevedra
A central pasou de 2 a 4 representantes no comité
Sectores produtivos relacionados coa federación
Comercio de froitas, comercio do téxtil, do metal, da pel, do vidro plano, de materiais de construción, de mobles e de alimentación, grandes almacéns, drogarías, farmacias, bazares, florarías, librarías, hostelaría, axencias de viaxe, medios de comunicación públicos ou privados, estudos fotográficos, cinema, teatros, músicos, espectáculos, dobraxe e son, deportes, bibliotecas, museos, salas de xogos, casinos, administracións de lotarías, perrucarías, tinturarías, lavandarías, limpeza, predios urbanos, pompas fúnebres, xardinaría, clubes e sociedades recreativas, seguridade privada e empregadas do fogar.
Os sectores de actividade non citados nesta disposición adscribiranse segundo criterios de analoxía.