
Nova mobilización do persoal de Top Wash pola readmisión de oito compañeiros/as
Concentráronse diante da empresa e na sede de Inditex

A CIG quere un convenio de seguridade privada que recupere dereitos e dignifique o sector
Aposta por aumentos salariais e avances sociais para rematar coa elevada precariedade

Mercadona propón medidas xa obrigatorias por convenio para corrixir os alarmantes resultados da avaliación de riscos
A sección sindical da CIG advirte que en 8 das 23 tendas da provincia da Coruña existen riscos moi elevados e intolerábeis

O persoal de Celso Míguez trasladará as protestas polas débedas salariais a Santiago e Coruña
Hoxe volveu a percorrer en manifestación as rúas de Pontevedra coincidindo cunha nova xornada de folga

Persoal de Top Wash mobilízase pola readmisión de oito compañeiros/as
O comité responsabiliza a Inditex de consentir este ERE encuberto na súa contrata

Rexeitan que DomusVi pretenda responsabilizar o persoal do contaxio masivo na residencia de Outeiro de Rei
CIG-Servizos critica a tardanza da Xunta en intervir o centro

Condenan a unha franquía de McDonald´s por cambiar a quenda dunha traballadora de baixa por risco no embarazo
O Xulgado do Social de Ourense imponlle unha multa e anula a modificación das condicións laborais

Mobilización no Gadis Hiper de Carballo para esixir información clara e protección fronte á covid19
As delegadas da CIG demandan medidas para garantir a seguridade do persoal e da clientela

Persoal de Celso Míguez segue coas protestas para esixir o pago de salarios e un plan de viabilidade
Desenvolveu unha manifestación en Pontevedra coincidindo cunha nova xornada de folga

A CIG-Servizos pide que INDITEX faga PCR a todo o persoal dunha tenda cando haxa positivos por covid
Só lle fixo a dúas compañeiras dunha traballadora que deu positivo nunha tenda de Lefties

O persoal de socorrismo dos areais da Coruña acada un acordo coa empresa que pon fin ao conflito
Move Servicios de Ocio y Deporte cedeu a case todas as súas demandas

O comité de salvamento e socorrismo da Coruña retoma a folga indefinida desde o 28 de agosto
A adxudicataria recoñece que debe as horas extra pero négase a pagalas

A empresa da recollida de lixo do Porriño, disposta a subrogar tras concretar xornada, categorías, salarios e organización
As partes continuarán a negociar para que Narom asuma os sete traballadores/as do servizo
Sectores produtivos relacionados coa federación
Comercio de froitas, comercio do téxtil, do metal, da pel, do vidro plano, de materiais de construción, de mobles e de alimentación, grandes almacéns, drogarías, farmacias, bazares, florarías, librarías, hostelaría, axencias de viaxe, medios de comunicación públicos ou privados, estudos fotográficos, cinema, teatros, músicos, espectáculos, dobraxe e son, deportes, bibliotecas, museos, salas de xogos, casinos, administracións de lotarías, perrucarías, tinturarías, lavandarías, limpeza, predios urbanos, pompas fúnebres, xardinaría, clubes e sociedades recreativas, seguridade privada e empregadas do fogar.
Os sectores de actividade non citados nesta disposición adscribiranse segundo criterios de analoxía.