Vía Galega conmemora o 90 aniversario da admisión de Galiza no IX Congreso de Nacionalidades Europeas

O evento terá lugar o vindeiro día 16 de setembro, no Museo do Pobo Galega, en Compostela

Nacional -

O 16 de setembro, deste ano, cúmprense 90 anos da participación e admisión de Galiza no IX Congreso de Nacionalidades Europeas. Un fito transcendente, xa que significou o recoñecemento da condición nacional de Galiza por parte dun órgano internacional desta relevancia.

Para conmemorar este feito importante da nosa historia, Vía Galega ten previsto, xunto con outras actividades e publicacións, realizar un congreso que, baixo o título “Recoñecemento internacional de Galiza nación”, se vai desenvolver, o 16 de setembro de 2023, en Compostela.

A asistencia será gratuíta, mais é necesario inscribirse mediante o correo electrónico: coordenadora@viagalega.gal.

As prazas son limitadas, por tanto, Vía Galega recomenda que, de ter previsto asistir, as persoas interesadas se inscriban o máis axiña posíbel.

Volver