O feminismo galego convoca concentracións en repulsa á violencia machista

A CIG chama a participar nas mobilizacións que se farán na tarde deste luns, 7 de outubro

Nacional -

A CIG chama a participar nas mobilizacións convocadas polo feminismo galego para a tarde deste luns, 7 de outubro, en repulsa ao feminicidio de Fadoua Akkar, esta fin de semana en Domaio (Moaña).  A central sindical insta a toda a sociedade a que visibilice o seu rexeitamento aos valores patriarcais que perpetúan e consolidan na sociedade esta violencia sexista.

Desde a Confederación Intersindical Galega unímonos ao rexeitamento da violencia machista e facemos un chamamento á mobilización de toda a sociedade galega contra este asasinato. Que o silencio non nos faga cómplices. Ningunha agresión pode quedar sen resposta.

 

Volver