Haberá paros parciais en Bingo Royal se a empresa segue a ignorar as demandas do persoal
Levan semanas mobilizándose en demanda da readmisión de 3 compañeiras despedidas
Vigo -
Traballadoras e traballadores de Bingo Royal, do Grupo COMAR, mobilizábanse novamente na tarde deste xoves, día 22 de setembro, para demandar a readmisión das traballadoras despedidas, as 3 afiliadas da CIG, e unha delas, ademais delegada da seccións sindical. A CIG-Servizos denuncia o acoso laboral que sofren e a persecución sindical á central sindical, que é a única que ten representación, por maioría esmagadora, na empresa.
![](https://cig.gal/imaxes/adaptadas/780/files/novas/2022/09/23/Bingo%20Royal/2022-09-23%20Bingo%20Royal03.jpg)
Pedro Pérez, da CIG-Servizos, advirte que non se vai consentir esta situación. Lembra que se presentaron as correspondentes demandas xudiciais para conseguir a readmisión das traballadoras e exixe que remate o acoso laboral.
Anuncia ademais, que da empresa manter a súa actitude e seguir sen escoitar as demandas do persoal, veranse abocados a convocar paros parciais, xa que “parece que a única linguaxe que a empresa entende é a do conflito”.