A CIG mobilízase en Compostela contra os abusos laborais en Gadis

Compostela -

A CIG concentrouse este venres diante do Gadis da Rúa Nova de Abaixo de Compostela, para denunciar os abusos laborais, as presións e a sobrecarga de traballo á que se vén sometidas as traballadoras.

Segundo explica Lucía Freire, da CIG-Servizos, esta situación deriva, entre outras razóns, da falta de persoal, que provoca que as traballadoras teñan que asumir moita máis carga da que lles corresponde.

Xunto a isto denuncia tamén os abusos laborais por parte de responsábeis das tendas que, coa conivencia da empresa actúan de maneira “avasaladora e tiránica” e as presionan ao persoal para incrementar a produtividade aínda a custo da súa saúde.

Volver