Continúan as mobilizacións contra a explotación laboral no servizo de limpeza dos hospitais Clínico e Gil Casares

Compostela -
O persoal concentrouse esta mañá diante da sede de Ilunion, na Coruña, e anuncia xa a primeira mobilización en setembro, para o día 12

A CIG denuncia na Inspección de Traballo a explotación laboral das traballadoras do Parador de Muxía

Cee -
Santos Canosa afirma que teñen exceso de xornada “non pagada”, que se vulneran os seus dereitos sindicais e exixe sancións inmediatas para rematar con esta situación

Asinado o novo convenio de hostalaría de Ourense con avances en permisos, festivos e salarios

Ourense -
A CIG-Ourense chama á loita contra os abusos empresariais para combater os incumprimentos

A CIG urxe á FEGAMP a poñer data e hora para iniciar a negociación do Protocolo de prevención da violencia no SAF

Nacional -
Denuncia a “inacción” de Política Social e a “pasividade” da conselleira por “non exercer as súas competencias” na materia

A CIG empraza ás administracións a negociar, con urxencia, un Protocolo de prevención da violencia no traballo no Servizo de Axuda no Fogar

Nacional -
Presentou a súa proposta de protocolo marco e convoca folga, o 13 de agosto, para presionar ás administracións para reclamar a dignificación e garantir a seguridade do persoal dos SAF

A CIG non asina o preacordo do convenio de hostalaría de Pontevedra porque non acada as reivindicacións exixidas

Pontevedra -
O texto incorpora un novo contrato fixo descontinuo a tempo parcial que afondarán na precariedade laboral do sector

A CIG exixe á Xunta de Galiza a convocatoria urxente dunha reunión para acordar medidas preventivas e protocolos no SAF

Nacional -
A central sindical desenvolveu máis de 50 mobilizacións por todo o país nas que se lembrou á compañeira Teresa e ten convocada folga no sector para o 13 de agosto

Traballadoras do SAF de Arteixo advirten da incapacidade organizativa da empresa

Arteixo -
Concentráronse este xoves diante do Concello para reclamar a súa intervención

A CIG convoca folga no SAF para o 13 de agosto e concentracións nos concellos para este venres

Nacional -
A central urxe a Xunta de Galiza a reunir xa a todas as partes para acordar un plan de prevención e protocolos de actuación de obrigado cumprimento

Asinado o convenio do comercio de alimentación de Ourense tras as primeiras folgas da historia no sector

Ourense -
A secretaría comarcal da central en Ourense valora as melloras acadadas como un logro da unión sindical e da forza da CIG

A CIG promoverá unha xornada de folga no SAF e exixe medidas inmediatas para garantir a seguridade de todas as traballadoras

Nacional -
A central personarase nas dilixencias xudiciais, pide a suspensión cautelar do servizo no Porriño e urxe unha reunión coa Xunta, concellos e patronal para abordar a aplicación de medidas

A CIG exixe protocolos contra o acoso no SAF que eviten feminicidios como o acontecido no Porriño

Nacional -
A central sindical convoca unha concentración para mañá, mércores 30, ás 12 horas na Praza do Concello

Sectores produtivos relacionados coa federación

Comercio de froitas, comercio do téxtil, do metal, da pel, do vidro plano, de materiais de construción, de mobles e de alimentación, grandes almacéns, drogarías, farmacias, bazares, florarías, librarías, hostelaría, axencias de viaxe, medios de comunicación públicos ou privados, estudos fotográficos, cinema, teatros, músicos, espectáculos, dobraxe e son, deportes, bibliotecas, museos, salas de xogos, casinos, administracións de lotarías, perrucarías, tinturarías, lavandarías, limpeza, predios urbanos, pompas fúnebres, xardinaría, clubes e sociedades recreativas, seguridade privada e empregadas do fogar.

Os sectores de actividade non citados nesta disposición adscribiranse segundo criterios de analoxía.