O boletín provincial de Ponte Vedra de 30 de setembro recolle o texto do convenio colectivo que terá vixencia para os anos 2014 e 2015.
Convenios / Negociación Colectiva
Nome: CESPA, S.A. - Servizo público de conservación e reposición de zonas verdes do Concello de Vigo
                Ámbito funcional:
            
            
                Xardinería            
        
                Ámbito territorial:
            
            
                Empresa            
        
                Concello:
            
            
                Vigo            
        
                Estado:
            
            
                Negociándose 
            
        Acordos:
Convenio 2014-2015
                        Tipo:
                    
                    
                        Convenio                    
                
                        Validez:
                    
                    
                        01/01/2014 - 31/12/2015                    
                
                        Documento:
                    
                    
                convenio 2011-2013
                        Tipo:
                    
                    
                        Convenio                    
                
                        Validez:
                    
                    
                        01/01/2011 - 31/12/2013                    
                
                        Documento:
                    
                    
                Novas:
Publicado no BOP o convenio vixente para os anos 2014 e 2015
30/9/14.
                Publicado no BOP de Pontevedra o convenio colectivo do ano 2011 ao 2013
02/11/12.
                O pasado 2 de Novembro de 2012 o Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra ven de publicar o novo convenio colectivo para os anos 2011 ao 2013 da empresa Cespa, S.A. para o seu persoal adscrito ao servizo público de conservación e reposición das zonas verdes do Concello de Vigo
Atinxido un preacordo sobre o convenio
12/7/11.A asemblea do persoal de Cespa do servizo de  mantemento de zonas verdes de Vigo aprobou, o 12 de  xullo, a oferta de convenio presentada pola empresa. CIG-Servizos  considera o preacordo un avance pero insuficiente pois non contempla  revisión salarial, circunstancia que repercutirá negativamente no poder  adquisitivo dos empregados e empregadas. Do mesmo xeito, o pacto vincula  o día de asuntos propios ao absentismo laboral, condición que non  comparte o sindicato. Porén, acordouse a creación de seis contratos  fixos, dúas persoas por cada ano de vixencia. O comité rubricará o  documento con Cespa nos vindeiros días.
                O preacordo recibiu 37 votos favorábeis e 32 en contra. Houbo 8 abstencións.
Principais puntos do documento:
- Vixencia: 3 anos (2011, 2012 e 2013).
 
- Incremento salarial:
 
- Ano 2011: 14 euros lineais no salario base, 5 euros na antigüidade e 21 euros nun plus non cotizable de nova creación. Todo isto fai un total de 40 euros de aumento en 16 pagas.
 - Ano 2012: 24 euros lineais no salario base, 5 euros na antigüidade e 11 euros nun plus non cotizable de nova creación. Todo isto fai un total de 40 euros de aumento en 16 pagas.
 - Ano 2013: 30 euros lineais no salario base, 5 euros na antigüidade. Todo isto fai un total de 35 euros de aumento en 16 pagas.
 
- Non haberá revisión salarial para ningún dos anos.
- Creación doutro plus de 25 euros por non solicitar roupa no verán. Por non pedila no inverno daranse 50 euros.
 
- Emprego fixo: faranse seis contratos fixos, dúas persoas para cada ano de vixencia do convenio.
 
- Vacacións: aqueles traballadores/as que gocen as vacacións durante un mes continuado, e que lles coincida un festivo nese mes, non o perderán e se engadirá dito día as vacacións.
 
- Asuntos propios: un día máis a cambio de vinculalo ao absentismo no traballo.
 

