No Diario Oficial de Galicia do 21 de Novembro vense de publicar o acordo que recolle as táboas salariais para o ano 2012
Convenios / Negociación Colectiva
Nome: Axuda a Domicilio
Acordos:
Táboas salariais 2012
Revisión salarial 2011
Revisión salarial 2010
Convenio 2009-2011
Atrasos 2008-2009
Revisión salarial 2006
Convenio 2001-2005
Novas:
Publicadas no DOG as Táboas salariais para o ano 2012
Publicada no DOG a táboa salarial do ano 2011
A revisión salarial do ano 2011 do convenio de axuda a domicilio foi publicada no DOG do 15 de febreiro de 2012.
A Comisión Paritaria asina as táboas salariais de 2011
Sindicatos e patronal do sector autonómico de axuda a domicilio asinaron as táboas salariais de 2011. A suba será do 5% (3% do IPC real de 2010 máis o 2%).
Por outra banda, o 30 de xuño será a data límite para o pagamento do 100% dos atrasos e estes se irán aboando a rateo mensual desde a sinatura das táboas.
Sindicatos e patronal alcanzan un acordo na revisión das táboas de 2011
A Comisión Paritaria reunirase o 23 de xaneiro para elaborar as táboas salariais do ano 2011. A cita ha ser na sede do Consello Galego de Relacións Laborais, en Compostela, ás 12:00 horas.
As partes tamén conviñeron que, unha vez actualizados os salarios deste ano, o 30 de xuño sexa a data límite para o pagamento do 100% dos atrasos e que estes se irán aboando a rateo mensual desde a sinatura das táboas.
A patronal apraza a constitución da mesa negociadora do novo convenio
O convenio galego de axuda a domicilio, cuxa vixencia expira o 31 de decembro, foi denunciado polas parte social e empresarial co propósito de iniciar a negociación do novo texto. Porén, a patronal négase a constituír de inmediato a mesa e pretende adiar este procedemento até abril de 2012.
A representación empresarial manifestou que algúns dos seus asociados queren adherirse ao convenio estatal e entende que, por esta circunstancia, debe aprazarse a constitución da mesa até abril de 2012.
CC.OO, UGT e CIG-Servizos non entenden os motivos esgrimidos pola patronal e solicitan que a comisión se estabeleza de inmediato.
En relación co conflito colectivo presentado no Tribunal Superior de Xustiza, os empresarios propoñen aplicar o incremento do 5% con efectos do 01-01-2012 e facer efectivos os atrasos correspondentes ao 2011 ao longo do vindeiro ano.
Mentres, as centrais sindicais realizaron a seguinte contraoferta, que axiña foi rexeitada pola representación empresarial:
- Incremento no ano 2012 segundo o estabelecido no artigo 7 do convenio colectivo.
- O aboamento dos atrasos do 5% do ano 2011 farase efectivo de xeito rateado no primeiro trimestre de 2012.
- Constituída a mesa negociadora na presente xuntanza adiarase a seguinte reunión entre o 1 e o 5 de abril de 2012.
Presentada unha papeleta de conflito colectivo
O convenio tamén avala a tese dos sindicatos sobre o dereito dos empregados a cobraren, durante 2011, unha retribución de 18 euros polo complemento de domingos e festivos, importe que se aboará por cada xornada traballada durante eses días, independentemente das horas.
Xa en maio pasado, unha reunión da comisión paritaria debateu sobre este mesmo tema mais rematou sen entendemento posíbel entre as partes.
A papeleta de conciliación foi rexistrada polos sindicatos o 13 de setembro ante a Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta. Está previsto que este acto, previo á vía xudicial, se celebre nos vindeiros días.
A patronal quere incumprir os acordos retributivos
Os patróns pretenden reproducir no país o acordo atinxido no texto estatal, que consiste en fraccionar o incremento do 5% recoñecido por unha sentenza da Audiencia Nacional aboando o 3% en 2011 e diferindo o 2% restante para os anos 2012 e 2013.
A parte social rexeita esta pretensión e reclama o cumprimento do convenio galego, nomeadamente do artigo 44, relativo aos incrementos retributivos.
“Nin sequera a consideramos (a proposta dos empresarios) xa que, por un lado, non se respectaría o convenio galego e, polo outro, condicionaría a futura negociación do vindeiro convenio”, manifesta Pedro Pérez Caride, secretario Federal de Negociación Colectiva e representante do sindicato na Comisión Paritaria.
Proseguen as discrepancias sobre a interpretación do complemento de distancia
Na xuntanza do 8 de abril da comisión paritaria do convenio galego de axuda a domicilio manifestáronse novamente as discrepancias no tocante á interpretación do complemento de distancia e, concretamente, na determinación do concepto “centro de traballo”. Os sindicatos consideran que este debe entenderse como a oficina ou delegación da empresa alí onde a haxa e, de non habela, o concello, a empresa principal ou institución para quen se presten os servizos ou, en defecto dos anteriores, deberíase estabelecer un centro de referencia. Pola contra, para os empresarios centro de traballo é “o primeiro domicilio do primeiro usuario, así como o último domicilio do último usuario”. Ademais, os patróns entenden que os desprazamentos entres os mencionados puntos e o domicilio do traballador non deben ser remunerados.
Acta da comisión paritaria do 10 de marzo
Acta da comisión paritaria do 10 de marzo de 2011.
Entra en vigor a revisión salarial de 2010
Revisión salarial 2010, publicada no DOG o 10 de maio de 2010.
A comisión paritaria aproba as táboas de 2010
A comisión paritaria do convenio galego de Axuda a domicilio aprobou as táboas salariais do ano 2010.
Non houbo avinza na conciliación do SMAC sobre o conflito colectivo presentado pola AGESS
Rematou sen avinza a conciliación desenvolvida o 17 de marzo no SMAC de Vigo en relación co conflito colectivo presentado pola Asociación Galega de Empresas de Servizos Sociais (AGESS). Dita entidade quere que o convenio galego de Axuda a domicilio se declare nulo "por lesividade e falta de lexitimación" da asociación empresarial que asinou o texto.
Prazos para cobrar os atrasos dos anos 2008 e 2009
O DOG publica a relación de prazos para percibir os atrasos correspondentes aos anos 2008 e 2009 do convenio de axuda a domicilio de Galiza.
O DOG publica o convenio do período 2009-2011
O DOG publica o convenio do período 2009-2011 do convenio galego de axuda a domicilio.
Asinado o convenio de Axuda a Domicilio
Atinxido un preacordo: Acta 8
Tras oito xuntanzas de mesa negociadora, sindicatos e patronal alcanzaron un preacordo sobre o convenio de Axuda a Domicilio. O texto pactado polas partes contempla unha vixencia de tres anos (2009-2011) e unha equiparación salarial co convenio estatal, isto é, do IPC real máis 2 puntos.
En canto aos atrasos de 2008, acordouse que os auxiliares de servizo de Axuda no Fogar perciban 746 euros por este concepto. En canto aos de 2009, estabeleceuse que sexan a diferenza entre o salario aboado este ano polo convenio galego e as táboas do estatal.
Acta 7: 6 de outubro
Acta sétima do convenio de Axuda a Domicilio.
Acta 6: 18 de setembro
Acta 6 do convenio de Axuda a Domicilio.
Acta da Mesa polo desenvolvemento da Axuda no Fogar en Galiza
Acta da Mesa polo desenvolvemento da Axuda no Fogar en Galiza, celebrada o 18 de setembro.
Acta 5: 25 de agosto
Acta do 25 de agosto.
Acta 4: xuntanza 22 de Xullo
A cuarta xuntanza da mesa negociadora do Convenio de Axuda no Domicilio celebrouse o 22 de xullo. Para consultar a acta abonda con premer no arquivo adxunto.
Acta 3: 15 de xullo de 2009
Acta da xuntanza da comisión negociadora do convenio galego de Axuda a Domicilio (no fogar) do 15 de xullo de 2009.
Acta 2: 1 de xullo de 2009
Acta da reunión da mesa negociadora do convenio realizada o 1 de xullo de 2009.
Acta 1: 17 de xuño de 2009
Acta da xuntanza do 17 de xuño de 2009.
Proxecto de Orde reguladora do Servizo de Axuda no Fogar
Premendo no documento que figura abaixo podes descargar o proxecto de Orde reguladora do Servizo de Axuda no Fogar.