O boletín estatal de 8 de marzo dá publicidade ás táboas salariais válidas en 2014.
Convenios / Negociación Colectiva
Nome: Servizos de Atención ás Persoas Dependentes e desenvolvemento da promoción da autonomía persoal (estatal)
Acordos:
Táboas salariais 2018
Táboas salariais 2015, 2016 e 2017
Táboas salariais 2014
Táboa salarial 2012
Sentencia AN sobre artigo 39
Convenio 2012-2013
Revisión salarial 2011
Revisión salarial 2010
Revisión salarial 2009
Sentenza da Audiencia Nacional que anula o artigo 7 do convenio
Convenio 2008-2011
Novas:
Publicadas as táboas salariais de 2014 no BOE
Publicado no BOE táboas salariais 2012
Publicado no Boletín Oficial do Estado do 13 de Decembro a resolución de 4 de Decembro de 2012, da Dirección Xeral de Emprego, pola que se corrixen erros relativos ás retribucións e se publican as novas táboas salariais para o ano 2012 modificando as recollidas no VI Convenio colectivo marco estatal de servizos de atención ás persoas dependentes e desenvolvemento de promoción da autonomía persoal.
Revisión salarial 2011
Revisión salarial 2011, publicada no BOE do 23 de maio de 2011.
Acta da comisión paritaria do 18 de abril de 2011
Os salarios incrementaranse un 5% en 2011
A Sala do Social da Audiencia Nacional recoñece o dereito dos traballadores afectados polo convenio de servizos de atención ás persoas dependentes a que se lles incremente o soldo nun 5% en 2011. O Tribunal tamén ordena que se lles abonen aos empregados os pluses de domingos e festivos a razón de 18 euros con efectos retroactivos desde o 1 de xaneiro en curso.
Coa presente resolución, a Audiencia Nacional estimou unha demanda de conflito colectivo presentada contra as patronais FED, FNM e LARES.
A Audiencia Nacional anula o artigo 7 do convenio
A Sala do Social da Audiencia nacional estimou unha demanda interposta pola UGT e anulou o artigo 7 do convenio. Este tribunal declara que as materias enumeradas neste artigo (organización, xornada, tempo de traballo, descanso semanal, vacacións, xubilación, estrutura retributiva e salarios, licenzas e excedencias, dereitos sindicais e formación) “non poden ser reservadas en exclusiva á negociación estatal e poden ser obxecto de negociación e mellora en ámbitos inferiores ao estatal, incluído o de empresa”.
Entra en vigor a revisión salarial de 2010
Entra en vigor a revisión salarial de 2010.