O DOG do 31 de agosto de 2016 publica o convenio coletivo das empresas organizadoras do xogo do bingo, con vixencia entre o 1 de xaneiro de 2016 e o 31 de decembro de 2017.
Convenios / Negociación Colectiva
Nome: Empresas Organizadoras do Xogo do Bingo
Acordos:
Convenio 2018-2020
Revisión salarial 2010
Revisión salarial 2008-2009
Convenio 2007-2009
Novas:
Publicado convenio para 2016 e 2017
Táboa salarial do ano 2010
Táboa salarial do ano 2010 do convenio galego de empresas organizadoras do xogo do bingo, publicada no Diario Oficial de Galiza do 1 de marzo de 2012.
Asinadas as táboas do ano 2010
As partes social e empresarial asinaron as táboas salariais do ano 2010 do convenio de empresas organizadoras do xogo do bingo. Os salarios incrementaranse un 3%, de acordo co IPC real de 2010.
Empresarios e sindicatos tamén acordaron que o 1 de marzo sexa a data tope para o pagamento dos atrasos correspondentes aos anos 2010, 2011 e primeiros meses do 2012.
As partes reuniranse o 5 de xuño aos efectos de comprobar a situación do sector, analizar as actuacións que fican por desenvolver coa administración autonómica para cumprir os acordos sectoriais vixentes, así como estabelecer os incrementos retributivos para os anos 2011 e 2012.
Revisión salarial 2008 e 2009
Revisión salarial 2008-2009, publicada no DOG do 22 de xuño de 2011.
Constitúese a comisión negociadora
A comisión negociadora do convenio galego de empresas organizadoras do xogo do bingo quedou constituída o 19 de maio de 2010.